Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

microondas

Ondas electromagnéticas definidas nun rango de frecuencias determinado, xeralmente entre 300 MHz e 300 GHz, que supón un período de oscilación de 3 ns (3×10-9 s) a 3 ps (3×10-12 s) e unha lonxitude de onda no rango de 1 m. a 1 mm.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino que non admite singular (tenazas/gafas)
Información complementaria: 
Outras definicións, por exemplo as dos estándares IEC 60050 e IEEE 100 sitúan o seu rango de frecuencias entre 1 GHz e 300 GHz, é dicir, lonxitudes de onda de entre 30 cm. a 1 mm. O rango das microondas está incluído nas bandas de radiofrecuencia, concretamente nas UHF (0.3 – 3 XHz), SHF (3 – 30 GHz) e EHF (30 – 300 GHz). As microondas de maior frecuencia e menor lonxitude de onda denomínanse ondas milimétricas, radiación terahertz ou raios T.
Ver tamén: 
onda electromagnética; Worldwide Interoperability for Microwave Access
Traducions
Tradución portugués: 
micro-ondas
Tradución castelán: 
microondas
Tradución francés: 
micro-onde
Tradución italiano: 
microonde
Tradución inglés: 
microwave
Tradución alemán: 
Mikrowellen