Familia de circuítos que operan na banda de frecuencias das microondas, entre os 300 MHz e os 300 GHz, que presentan dimensións pequenas desde 1 mm² a 10 mm² e que se desenvolven sobre tecnoloxía de arseniuro de galio (GaAs).
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina que non admite singular (dereitos de autor, carton blanchi)
Sinónimos:
circuítos MMI; MMIC
Información complementaria:
Presentan as vantaxes sobre a realización de circuítos baseados no silicio de que a velocidade dos dispositivos é maior e o substrato empregado presenta propiedades semellantes, e tem a desvantaxe de que o seu custo é maior ca o da tecnoloxía tradicional en silicio. Actualmente ambas as dúas tecnoloxías foron superadas en moitos aspectos pola de fosfuro de indio (InP) que ofrece un mellor funcionamento no que se refire a maior frecuencia de corte e máis baixo nivel de ruído.
Entre os compoñentes habitualmente desenvolvidos en formato MMIC atopamos mesturadores, amplificadores de baixo nivel de ruído, dispositivos emisores de luz, díodos Gunn, etc.
Ver tamén:
arseniuro de galio; circuíto integrado; silicio