Familia de estándares de codificación de vídeo dixital.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
MPEG
Información complementaria:
- A primeira versión, MPEG1, naceu de mellorar o estándar H.261 introducindo como novidade a predición bidireccional de imaxe, MPEG1 logrou igualar a resolución do vídeo doméstico (352x288, 25 imaxes por segundo). O MPEG1 foi a compresión utilizada no formato vídeo cd.
- MPEG2 é o formato empregado nos DVD e na TV dixital. Realmente procede de estender o algoritmo MPEG1 a formatos de maior resolución, o formato máis empregado é o 720x576, 25 imaxes por segundo.
- MPEG4 é a versión máis avanzada, equivalente a H.264. Os estándares H.26x foron desenvolvidos pola International Telecommunications Union e os MPEGx pola International Standards Organization. H.264/MPEG4 é o primeiro estándar que se desenvolve conxuntamente. Esta última versión, ás veces, é chamada tamén AVC (Advanced Video Coding).
Ver tamén:
H.26x