Unidade logarítmica fundamentada na base natural ou neperiana usada para expresar unha medida relativa, empregada en electricidade para indicar a relación entre magnitudes de voltaxe ou intensidade.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura:
Np
Información complementaria:
Debe o seu nome a John Napier, matemático que desenvolveu o logaritmo en 1614. Non está recoñecida como unha unidade no Sistema Internacional, mais emprégase de xeito análogo ao decibel. A relación de conversión entre as dúas unidades é 1 Np = 8,68 dB.
Ver tamén:
decibel