Aparato que mide a resistencia dun compoñente.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Exemplo:
No óhmetro, a diferenza doutros aparellos de medida hai que separar as resistencias do circuíto para seren medidas.Información complementaria:
Os óhmetros sempre se basean en crear un circuíto ao conectar o compoñente que se quere medir e facer unha medida indirecta a través dun parámetro que dependa da resistencia. Por exemplo, é moi típico cargar un condensador a través da resistencia, sabendo que o tempo de carga crece co valor desta.
Ver tamén:
amperímetro; galvanómetro; ohm; resistencia