Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

parámetros de dispersión

Conxunto de propiedades e ecuacións matemáticas que caracterizan a reflexión, transmisión e resposta xeral ante sinais de estimulación dunha rede eléctrica multiporto ou dun circuíto eléctrico lineal en réxime permanente.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina que non admite singular (dereitos de autor, carton blanchi)
Sinónimos: 
parámetros S
Información complementaria: 
Son usados principalmente para redes que operan en radiofrecuencia, frecuencias de microondas e liñas de transmisión. Entre as diferentes propiedades eléctricas dunha liña de transmisión ou circuíto de radiofrecuencia caracterizado como rede ou cuadripolo que se poden definir a partir dos parámetros S están a ganancia, o coeficiente de reflexión, o coeficiente de transmisión e a relación de onda estacionaria.
Ver tamén: 
caixa negra; carta de Smith; cuadripolo
Traducions
Tradución castelán: 
parámetros de dispersión; parámetros-S
Tradución francés: 
paramètres S
Tradución inglés: 
S parameters; scattering parameters
Tradución alemán: 
Streuparameter