'Preprocesador de hipertexto PHP', linguaxe de programación interpretada, libre e moi empregada para o deseño de páxinas Web dinámicas.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
PHP
Información complementaria:
Linguaxe creada por Ramus Lerdorf en 1994. O código PHP xera no servidor un código HTML interpretando liña a liña o 'script'. Dito doutro xeito, devolve unha pantalla HTML en resposta a unha serie de datos que dá o cliente. É de código aberto e o seu uso é gratuíto. Aínda que pode interactuar con calquera clase de base de datos, o seu uso máis común é con MySQL, un contorno de base de datos, tamén libre e gratuíto.