Tecnoloxía que utiliza a rede eléctrica existente como medio físico para transmitir sinais de comunicación.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
Comunicacións mediante liña eléctrica
Abreviatura:
PLC
Exemplo:
O sistema PLC é moi útil xa que aproveita a instalación eléctrica do inmoble.Información complementaria:
As aplicacións en PLC pódense dividir en dous grandes grupos:
- A creación de redes domésticas aproveitando a rede eléctrica para evitar tender cables.
- O acceso a redes de datos (fundamentalmente Internet) a través das liñas de subministración da compañía eléctrica (se é de alta velocidade falamos de BPL: broadband powerline ou banda larga sobre liña eléctrica).
Para este tipo de comunicacións utilízanse modulacións complexas como a OFDM e o espectro espallado. Con todo, as características da transmisión dependen moito das flutuacións das características da liña física. Esta limitación e a carencia dun estándar internacional fan deste sistema unha alternativa case experimental. Actualmente está apoiada por empresas eléctricas como Iberdrola e ENDESA. A pesar de que non é un sistema de transmisión de datos que alcanzase a súa madurez, xa comeza a pensarse como alternativa ao acceso á banda larga en medios rurais, onde é difícil atopar tecnoloxías de conexión rendibles.
O sistema PLC chámase tamén sistema de correntes portadoras. Pódese clasificar tamén como un sistema 'sen novos cabos'.
Ver tamén:
banda ancha a través de rede eléctrica; espectro espallado; multiplexación por división de frecuencias ortogonais