Aparato que mide varias variables eléctricas e que adoita incluír un voltímetro, un amperímetro e un óhmetro.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
polímetro
Información complementaria:
En ocasións inclúense máis medidores como un frecuencímetro: para medir a frecuencia de sinais periódicos, ás veces, só admite sinais de forma cadrada, neste caso fálase de contador de pulsos; ou un capacímetro: para medir a capacidade dos condensadores.
Ver tamén:
amperímetro; óhmetro; voltímetro