Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

posicionador

Elemento mecánico manexable manual ou electronicamente que permite controlar o movemento dun obxecto para garantir a súa localización fiable nunha posición dada.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
O seu funcionamento está baseado nun motor con control paso a paso, ao que se engade unha tecnoloxía de autómata. A supervisión da posición pode facela o propio posicionador (o que se chama control de lazo cerrado) ou ben non existir este control (sistemas de lazo aberto), sen ser capaz de garantir a localización solicitada pero resultando máis económico. En sistemas de radio é habitual o emprego de posicionadores para variar o apuntamento de elementos radiantes no plano horizontal ou vertical. Tamén poden atoparse en cámaras anecoicas e sistemas móbiles de transmisión de radio e TV.
Ver tamén: 
motor paso a paso
Traducions
Tradución francés: 
positionneur
Tradución italiano: 
posizionatore
Tradución inglés: 
positioner