Máxima potencia eléctrica que pode disipar un equipo eléctrico ou electrónico en réxime continuo e condicións normais de traballo sen producirse danos por sobrequecemento no mesmo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
potencia de traballo; potencia eléctrica nominal; potencia eléctrica de traballo
Abreviatura:
Pn, Wn
Información complementaria:
En electroacústica, a potencia nominal fai referencia á potencia consumida por un amplificador de audio en réxime permanente, o cal depende da impedancia nominal presentada polos altofalantes conectados á súa saída. Esta potencia non é constante xa que depende da impedancia de saída do equipo, que á súa vez é función da frecuencia de traballo.
Ver tamén:
impedancia; impedancia nominal; potencia eléctrica