Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

radomo

Estrutura xeométrica que permite a protección dunha antena ou dun sistema radioeléctrico fronte a cambios de temperatura ou axentes externos como hidrometeoros, po ou partículas en suspensión que poden afectar estes sistemas alterando o sinal transmitido ou recibido.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Estas estruturas instálanse en distintas xeometrías (esférica ou plana) e con materiais que minimizan a atenuación do sinal electromagnético transmitido ou recibido, como fibra de vidro ou teflón PTFE. A construción do radomo depende en gran medida da aplicación particular do sistema, sendo común nos sistemas radar. A alteración por parte do radomo do diagrama de radiación pode empregarse para acadar un diagrama de determinadas características, especialmente en termos de ancho de feixe. O termo procede do acrónimo inglés "radome", que xunta "radar" e "dome" (bóveda ou cúpula).
Ver tamén: 
ancho de feixe; antena; relación de voltaxes dunha onda estacionaria
Traducions
Tradución castelán: 
radomo
Tradución francés: 
radôme
Tradución italiano: 
radome
Tradución inglés: 
radome
Tradución alemán: 
Radarkuppel; Radom