Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

sector

Sección da superficie dun disco, que almacena a cantidade mínima de información correspondente a 512 bytes.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Información complementaria: 
Normalmente nos discos duros existe unha unidade de almacenamento que se chama clúster. Este equivale a varios sectores correlativos coa condición de que o número de sectores que contén ten que ser potencia de dous. Un clúster moi grande produce moi pouca fragmentación, non obstante aproveita mal o espazo do disco. Polo contrario, un clúster moi pequeno aproveita moi ben o espazo do disco pero produce moita fragmentación.
Ver tamén: 
clúster; desfragmentación; fragmentación de disco