Función matemática que xera códigos unívocos a partir dun elemento dado: arquivo, cadea de texto, etc., utilizada para comprobar a integridade dunha mensaxe ou comunicación.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
función resumo
Abreviatura:
hash
Información complementaria:
Estas funcións extraen unha pegada única para cada mensaxe, coa cal non é reconstruíble a orixinal (son as chamadas funcións dunha vía). Estas pegadas teñen que cumprir dúas propiedades: que para unha mensaxe haxa unha soa pegada; que dúas pegadas iguais non poden corresponder a mensaxes diferentes. De tal xeito que se a mensaxe fose manipulada durante a transmisión ou modificada por erro na mesma, a pegada sería diferente á esperada. Na práctica a segunda condición non ten por que cumprirse sempre, debido á existencia de "colisións" na xeración das pegadas, aínda que se pode considerar moi pequena a probabilidade de que isto ocorra. (A probabilidade de colisión depende do algoritmo utilizado para obtela)
Ver tamén:
Algoritmo de resumo da mensaxe 5; Secure Hash Algorithm