'Sistema europeo de xestión do tráfico ferroviario', tecnoloxía para o control e distribución dos trens que se intenta implantar en toda Europa para usar un sistema común de sinalización en lugar dun distinto para cada país.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
European Railway Traffic Management System
Abreviatura:
ERTMS
Información complementaria:
Está formado por dous subsistemas: ETCS (European Train Control System, "Sistema europeo de control de trens") que consiste nun computador a bordo que compara a velocidade do tren coa máxima permitida pola vía e reduce a velocidade se esta é excesiva; e o GSM-R (Global System for Mobile Communications-Railway, "Sistema Global para Comunicacións Móbiles en trens") que é unha variante do estándar GSM, funciona a outras frecuencias con funcións avanzadas e úsase para o intercambio de información entre tren e terra.
Ver tamén:
Global System for Mobile communications-Railway; sistema global de comunicacións móbiles