Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

acordo de nivel de servizo

Contrato escrito entre un provedor de servizos e o seu cliente co obxecto de establecer un nivel acordado para a calidade do servizo, identificando e definindo as necesidades do cliente á vez que controla as súas expectativas de servizo en relación á capacidade do provedor.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura: 
ANS
Información complementaria: 
O acordo de nivel de servizo proporciona un marco de entendemento, reduce as áreas de conflito e favorece o diálogo ante a disputa. O documento recolle nunha linguaxe comprensible para o cliente todos os detalles dos servizos ofrecidos. Tras a súa sinatura por ambas as partes debe considerarse o documento de referencia para as relacións co cliente en todo o que respecta á provisión dos servizos acordados. Por tanto é imprescindible que conteña claramente definidos os aspectos esenciais do servizo tales como a súa descrición, dispoñibilidade, niveis de calidade, tempos de recuperación e compensacións.
Traducions
Tradución portugués: 
Acordo de nível de serviço; ANS
Tradución castelán: 
Acuerdo de Nivel de Servicio; ANS
Tradución francés: 
Service Level Agreement; SLA; Contrat de niveau de service
Tradución italiano: 
Service Level Agreement; SLA
Tradución inglés: 
Service Level Agreement; SLA
Tradución alemán: 
Service-Level-Agreement; SLA; Dienstgütevereinbarung; DGV