Servizo de televisión enviado por antenas situadas en posicións elevadas para ser recibido nos fogares que dispoñan dunha antena adecuada.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
DVB-T
Exemplo:
A TDT estase a despregar en España agora, o que implica colocar os emisores adecuados en toda a rede nacional de emisores de TV.Información complementaria:
A TDT é realmente parte dun estándar máis amplo chamado DVB (Digital Video Broadcasting) que establece como deben ser os servizos de televisión dixital. A dixitalización do servizo de televisión permite unha maior calidade de sinal e un maior número de canles no mesmo espectro de frecuencias.
A versión terrestre é a máis popular, outras versións importantes son as de cable e por satélite. Os servizos de radiodifusión sobre terra baséanse en emisores situados en posicións elevadas que difunden o sinal a "celas" ou zonas de influencia. Os usuarios reciben o sinal con antenas individuais que no caso da televisión son antenas directivas con instalación fixa nos tellados.
A TDT permite recibir os servizos dixitais coa mesma antena (tal vez non coa mesma instalación colectiva) e ten importantes vantaxes: o número de canles pode chegar a multiplicarse por 20 (con implantación total), a calidade dos mesmos é superior e, ademais, no futuro poderá accederse a servizos de datos co receptor de televisión.
Ver tamén:
difusión de vídeo dixital; Motion Pictures Experts Group; multiplexación por división de frecuencias ortogonais codificadas