Temperatura dunha hipotética resistencia á entrada dun receptor ideal libre de ruído que xeraría a mesma potencia de ruído de saída por ancho de banda unitario que a saída dunha antena a unha frecuencia dada.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
A temperatura de ruído da antena depende do acoplamento da antena coas fontes de ruído presentes no seu contorno ademais do propio ruído xerado na propia antena.
Entre as principais contribucións ao ruído de antena atopamos o ruído galáctico, o ruído solar e a temperatura terrestre. A antena capta e transmite ao receptor o ruído térmico irradiado pola superficie da terra, o sol e, en menor medida, o espazo. O ruído é proporcional á temperatura e ao ancho de banda da antena para unha frecuencia dada. Unha boa antena debe ter unha temperatura de ruído baixa, o que equivale a captar a menor cantidade posible de ruído térmico polos seus lóbulos secundarios.
A temperatura de ruído da antena forma parte do ruído total do sistema receptor, entra no cálculo da figura de ruído total e dá unha indicación da calidade do sistema.
Ver tamén:
ancho de banda; antena; lóbulo; receptor; ruído