Teoría matemática que permite estudar os sistemas nos que varios usuarios tentan acceder a un recurso limitado que se comparte dalgún xeito, dividindo o tempo entre eles e establecendo unha cola con ou sen prioridades.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
A teoría de colas úsase para dimensionar os sistemas telefónicos e as redes de datos.Información complementaria:
Esta teoría úsase en telecomunicacións para modelar sistemas como os conmutadores telefónicos (que teñen capacidade limitada) e tamén os sistemas operativos multitarefa, onde hai que compartir un ou varios procesadores entre moitos procesos.
Ver tamén:
teletráfico (aplicación da teoría de colas á telecomunicación)