Estrutura de conexión interna entre os elementos dunha rede na que as estacións se conectan unhas a outras formando un anel, de tal forma que cada estación está conectada con outras dúas.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
rede en anel
Exemplo:
O operador de cable R emprega unha rede de anel dobre para transportar a información, o que lle proporciona unha tolerancia ante fallos.Información complementaria:
As estacións reciben o sinal e reenvíano á seguinte. Para determinar quen é o encargado de transmitir envíase unha trama denominada testemuña. Deste xeito, a estación que posúe esta testemuña terá a posibilidade de transmitir.
Un dos principais puntos débiles desta topoloxía é a súa difícil ampliación, o que implica interromper o funcionamento da rede. Como punto positivo, este tipo de rede require menos cable que a de estrela, aínda que algo máis que a topoloxía BUS e ofrece unha sinxela identificación dos problemas que ocorren no medio de transmisión.
Se ocorre un corte no fío de comunicación, toda a rede queda inutilizada e un nodo que transmita un exceso de datos a outros nodos pode producir a saturación do BUS de comunicación. Con respecto ao funcionamento individual, cada nodo debe rexenerar as mensaxes que recibe e reenvialas á rede o que pode penalizar a velocidade de transmisión e limitar a distancia entre nodos cuxo aumento converte a cada un deles nun punto potencial de caída de toda a rede.
Normalmente, adóitanse deseñar topoloxías de anel dobre, para que a información se poida enviar en ambos os dous sentidos: desta forma a topoloxía ten redundancia ante fallos.
Ver tamén:
configuración en redundancia; testemuña; topoloxía en estrela; topoloxía en bus