Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Transformada de coseno discreta

Transformación de sinais cun significado físico moi similar á transformada de Fourier discreta, pero empregando só números reais e funcións coseno en lugar de exponenciais complexas.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
DCT; transformada; transformada discreta do coseno
Abreviatura: 
DCT
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Emprégase, sobre todo, a versión en dúas dimensións aplicada a imaxes e, case sempre, en forma discreta, para a compresión en formatos como JPEG, MPEG e VORBIS, por iso, ás veces, se chama DCT: Discrete Cosine Transform. A propiedade máis interesante da DCT é a súa "habilidade" para concentrar a información nos primeiros coeficientes (baixa frecuencia). A aplicación máis importante da DCT é en codificación de imaxe e vídeo. En imaxe fixa é o fundamento do estándar JPEG. En vídeo úsase nas familias de estándares MPEG e H.26x.
Ver tamén: 
Joint Photographic Experts Group; H.26x; Motion Pictures Experts Group
Traducions
Tradución portugués: 
transformada discreta de cosseno; Discret Cosine Transform; DCT
Tradución castelán: 
transformada de coseno discreta; Discret Cosine Transform; DCT
Tradución francés: 
transformée en cosibinus discrète; Discret Cosine Transform; DCT
Tradución italiano: 
trasformata discreta in coseno; Discret Cosine Transform; DCT
Tradución inglés: 
cosine transform; discrete cosine transform; DCT
Tradución alemán: 
Diskrete Kosinustransformation; Discret Cosine Transform; DCT