Codificación convolucional que ten como fin diminuír a probabilidade de erro en constelacións de alta densidade de símbolos, así como mellorar a ganancia de codificación.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
codificación en reixa
Exemplo:
Xerar unha codificación Trellis é moito máis fácil que descodificala, o que fai que os sistemas que a usen teñan que utilizar receptores custosos.Información complementaria:
Baséase, como todos os códigos convolucionais, nunha máquina de estados finitos. Se se van a codificar k=m n bits, m pertencen ao codificador convolucional e m-n á selección de subconstelacións. Así pódense xerar de xeito robusto constelacións de 64 símbolos, o que permite log_2(64)=6 subconstelacións. O erro entre transicións paralelas é menor que o existente dentro de cada subconstelación, por iso podemos chegar a definir unha codificación robusta fronte ao ruído xa que moitas transicións terían un alto custo enerxético e por iso pouca probabilidade de éxito.
Ver tamén:
algoritmo de Viterbi