Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Universal Mobile Telecommunications System

'Sistema de telecomunicacións móbil universal', evolución do estándar de comunicacións móbiles GSM para lograr maiores velocidades de transmisión que unidas aos novos servizos que poden permitir (comunicacións multimedia: mensaxes multimedia, videoconferencia, acceso a internet móbil, etc.) dan lugar a unha nova xeración de servizos móbiles coñecida como 3G.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
UMTS
Exemplo: 
O UMTS permitiulles ás comunicacións móbiles entrar nunha nova xeración aínda que se tardou un tempo considerable en ter equipos fiables e nos primeiros anos non cumpriu as expectativas depositadas.
Información complementaria: 
O UMTS utiliza unha nova forma de xestionar a canle radio entre o terminal e a estación base chamada W-CDMA (Wideband Code Division Multiple Access). Con esta tecnoloxía é posible alcanzar velocidades de ata 2 Mbps. Aínda que UMTS prevé a implantación de servizos de voz de alta calidade parece que esta parte interesa menos aos operadores e usuarios polo que actualmente a voz segue funcionando co estándar GSM e UMTS queda reservado a servizos de datos. Os modernos terminais 3G son capaces de funcionar cos dous estándares.
Ver tamén: 
servizo xeral de radiocomunicación por paquetes; sistema global de comunicacións móbiles; terceira xeración
Traducions
Tradución portugués: 
UMTS; Universal Mobile Telecommunications System
Tradución castelán: 
Sistema Universal de Telecomunicaciones móviles; Universal Mobile Telecommunications System; UMTS)
Tradución francés: 
Universal Mobile Telecommunications System; UMTS
Tradución italiano: 
Universal Mobile Telecommunications System; UMTS
Tradución inglés: 
UMTS; Universal Mobile Telecommunications System
Tradución alemán: 
UMTS; Universal Mobile Telecommunications System