Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

velocidade de transferencia

Nos sistemas de comunicacións dixitais, número de unidades de información (bits) transmitidos por unidade de tempo, normalmente por segundo.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
velocidade de transmisión; velocidade binaria
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
A velocidade de transmisión do ADSL adoita ser de 300 quilobits/segundo de envío (subida) e varios megabits/segundo de recepción (baixada).
Información complementaria: 
As unidades da velocidade de transmisión son polo tanto bits/segundo, quilobits/segundo, megabits/segundo... Neste caso non se adoitan usar as unidades informáticas byte, quilobyte... polo que un quilobit son 1000 bits. Ás veces, os sistemas agrupan os bits en unidades maiores chamadas símbolos e pódese falar de velocidade en símbolos por segundo ou baudio. Convén lembrar que a velocidade de transmisión non é o mesmo que o ancho de banda, sendo este último un concepto relacionado coa frecuencia e non coa cantidade de información. A confusión provén de que si existe relación entre ambos os dous termos xa que un sistema con maior ancho de banda terá maior velocidade de transmisión. Este concepto tampouco debe confundirse coa "densidade de bits", que é a taxa de codificación de datos. No que respecta aos reprodutores, o fluxo de bits é igual á densidade de bits se a información está codificada cunha densidade de bits constante. Como esta, mídese en bits por segundo (bit/s ou bps), pero na velocidade ou fluxo estes segundos refírense aos de transferencia.
Ver tamén: 
ancho de banda; dixital
Traducions
Tradución portugués: 
bitrate
Tradución castelán: 
velocidad de transmisión; tasa de Bits
Tradución francés: 
débit binaire
Tradución italiano: 
velocità di trasmissione
Tradución inglés: 
transmission rate; bit rate
Tradución alemán: 
Datenübertragungsrate