Tecnoloxía que permite a comunicación de voz sobre unha rede baseada no protocolo IP.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
telefonía por IP; telefonía vía IP; telefonía a través de Internet; telefonía por Internet; telefonía vía Internet; voz a través de IP; voz por IP; voz vía IP; voz a través de Internet; voz por Internet; voz vía Internet
Información complementaria:
Trátase dun estándar que conta coas vantaxes da comunicación dixital (pódese modificar o sinal dixitalmente, almacenalo nun disco duro, etc.). Ademais, ao se tratar dunha comunicación sobre IP, utiliza un medio a través do cal se poden facer varias chamadas simultáneas nunha mesma liña, ao contrario que na telefonía convencional.
Ver tamén:
fax a través de IP; televisión a través de IP