Cantidade lineal escalar obtida da división matemática entre o valor da amplitude dunha onda estacionaria nun antinodo (mínimo) e o da amplitude nun nodo adxacente (máximo) ou, no caso dun porto de entrada ou saída dunha liña de transmisión, entre o valor da voltaxe máxima da onda estacionaria e o da voltaxe mínima.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
relación de voltaxes nunha onda estacionaria
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Para unha liña de transmisión a relación de onda estacionaria vén dada polo cociente (1+ ρ)/(1-ρ), sendo ρ o coeficiente de reflexión.
Tamén é posible medir esta relación en termos de corrente, obtendo o ISWR co mesmo valor numérico. Para o caso de medida en potencias o PSWR defínese como o cadrado do VSWR.
Ver tamén:
coeficiente de reflexión; onda estacionaria; parámetros de dispersión