Aparato que mide a voltaxe entre dous puntos dun circuíto.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Exemplo:
É difícil atopar un voltímetro que "só sexa voltímetro" porque habitualmente está integrado con outros medidores formando un aparato chamado polímetro ou multímetro.Información complementaria:
Un voltímetro debe estar deseñado para ter unha gran resistencia entre os seus bornes, isto é, para alterar moi pouco as correntes do circuíto.
Ver tamén:
volt; voltaxe; amperímetro; multímetro