Chequeo de integridade dos datos mediante un algoritmo CRC, que comproba que un grupo de datos non sufriu ningunha modificación (especialmente algunha corrupción durante o proceso de transmisión por algún medio de comunicación).
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
N/A
Abreviatura:
N/A
Exemplo:
N/AInformación complementaria:
O proceso consiste en sumar os valores de cada byte (ou dun paquete básico de información) e transmitir o resultado xunto cos datos. O receptor realiza a mesma operación e comproba se o resultado é o mesmo. Nese caso, asúmese que moi probablemente os datos non se corromperon (non se pode asegurar totalmente, xa que existen pequenas modificacións nos datos que conducen ao mesmo resultado no algoritmo de comprobación).
Esta suma de comprobación está implementada tanto en circuítos electrónicos, coma no nivel lóxico ou nas tramas de comunicacións.
Ver tamén:
algoritmo; código cíclico; comprobación de redundancia cíclica; función hash