Programa de computadora utilizado para probar outros programas e localizar os fallos que poidan conter.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Información complementaria:
O programa que se desexa analizar execútase de forma normal ata que o depurador detén a súa execución para permitirlle ao usuario examinar o seu estado. Un depurador permite deter o programa en certos momentos, puntos ou situacións para que o usuario poida examinar e modificar as variables do programa ou as zonas de memoria.
Ver tamén:
compilador; depurar; paquete de desenvolvemento de programas