Sistema utilizado nas computadoras que permite que certos periféricos accedan directamente á memoria RAM do sistema sen necesidade de que as instrucións pasen polo procesador, e que foi creado para evitar que a unidade central tivese que copiar os datos entre os periféricos e a memoria, proceso que volve lento o funcionamento da computadora.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura:
DMA
Información complementaria:
Co uso de DMA, a CPU indícalle ao periférico que inicie a transferencia, e unha vez que remate, este avisa á CPU mediante unha interrupción.
Ver tamén:
interrupción; periférico; unidade central de procesamento