'Grupo de acción de probas conxuntas', estándar que especifica como controlar e analizar os terminais dos dispositivos compatibles nunha placa de circuíto impreso.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
JTAG
Información complementaria:
Cada dispositivo ten catro ou cinco liñas de control. Pódense encadear distintos dispositivos na mesma liña JTAG, de forma que só é necesario un único conector para analizar distintos dispositivos dunha mesma placa. O protocolo permite ler e asignar valores aos terminais dos dispositivos (e opcionalmente tamén aos rexistros internos). Esta interface utilízase durante a fase de fabricación ou de reparación dunha PCB e non se usa durante o seu funcionamento normal.
Ver tamén:
circuíto impreso