Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

recursividade

En matemáticas e en programación, técnica na que se especifica un proceso ou algoritmo baseándose na súa propia definición, polo que unha función ou subrutina se autoinvoca, de xeito que se non se lle pon límite a esta chamada, a execución nunca rematará.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
N/A
Abreviatura: 
N/A
Exemplo: 
Un exemplo de función recursiva é o factorial: factorial 0 = 1 factorial n = n * factorial (n-1)
Información complementaria: 
As subrutinas recursivas sempre realizan como primeiro paso unha comprobación da condición de terminación (caso no que a subrutina pode devolver un valor sen autochamarse). As linguaxes de programación que seguen o paradigma funcional utilizan de forma extensiva a recursividade.
Ver tamén: 
iteración; paradigma; programación funcional
Traducions
Tradución portugués: 
recursividade; recursão
Tradución castelán: 
recursividad
Tradución francés: 
recursivité
Tradución inglés: 
recursivity; recursion
Tradución alemán: 
Rekursion