Emprazamento cunhas características ambientais (humidade, climatización, etc.), de conectividade e de seguridade apropiadas, onde se localizan e centralizan os sistemas computacionais e demais elementos de comunicacións e almacenamento de datos que conforman a base tecnolóxica dos sistemas de información dunha compañía ou organización.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
centro de proceso de datos
Abreviatura:
CPD
Exemplo:
O centro de proceso de datos da universidade está situado nun soto do reitorado.Información complementaria:
Habitualmente inclúen: servidores, sistemas de almacenamento, hardware de rede, equipos de protección eléctrica, equipos de alimentación ininterrompida, conexións de datos redundantes, sistemas de climatización, sistemas contraincendios, sistemas de control de acceso lóxico e físico, etc.