Sistema informático que permite realizar a xestión integral e centralizada dunha empresa nos seus distintos ámbitos: facturación, contabilidade, produción, proxectos, recursos humanos, xestión da cadea de fornecedores, relacións cos clientes, etc. permitindo xestionar información que afecta varios departamentos e que é compartida por todos en rede.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
planificación de recursos empresariais; sistema de xestión empresarial
Exemplo:
A empresa na que traballo xestiona todos os seus procesos mediante unha planificación de recursos da empresa de código aberto.Información complementaria:
Unha planificación deste tipo permite dar de alta o material que entra no almacén e avisar os talleres de que hai material novo; cando alguén rexistra unha necesidade de material infórmase ao departamento de compras; se se procesa unha factura pásaselle información a contabilidade. Os sistemas de planificación de recursos da empresa deben ser personalizados para cada instalación particular.
Ver tamén:
planificación de necesidade de materiais