Sistema empregado para proporcionar aos usuarios inscritos información con contido actualizado con frecuencia.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
agregador de novas; canle de información; canle de novidades
Exemplo:
O meu lector de agregadores permíteme estar informado de forma centralizada da información de moitas webs.Información complementaria:
O agregador emprégase habitualmente para acceder á información de portais de novas, cadernos de bitácora, podcasts, etc. desde un único punto de acceso á información, sen ter que ir accedendo a cada un dos sitios Web.
O método de funcionamento é sinxelo: o distribuidor da información crea o agregador e os usuarios subscríbense a el. Este sistema é empregado amplamente na web, mediante agregadores RSS, Atom, etc.
Ver tamén:
Atom; Really Simple Syndication