'Axencia de asignación de números de internet', entidade internacional dependente da ICANN que supervisa en rodo o mundo a asignación dos nomes de dominio e das direccións IP, a xestión dos servidores raíz de DNS, a asignación de protocolos, os parámetros de Internet como o uso dos portos, etc.
Categoría Gramatical:
nome propio de asociacións, empresas, organizacións e sociedades
Abreviatura:
IANA
Exemplo:
O rango de IP que ten a multinacional na que traballo foi asignado pola IANA.Información complementaria:
Nun principio tamén asignaba as IP segundo o ámbito xeográfico, pero desde 1997 iso faino a Axencia Americana para o Rexistro de Números de Internet (American Registry for Internet Numbers, ou ARIN).
Ver tamén:
American Registry for Internet Numbers; Internet Corporation for Assigned Names and Numbers