Organismo internacional de creación e adopción de estándares de fabricación, comercio e comunicación para todas as ramas industriais, agás a eléctrica e a electrónica.
Categoría Gramatical:
nome propio de asociacións, empresas, organizacións e sociedades
Abreviatura:
ISO
Exemplo:
A empresa está certificada baixo a norma 9001 da ISO.Información complementaria:
Está composta por representantes dos organismos de estandarización dos diferentes estados que a compoñen. A súa sede atópase en Xenebra, Suíza.
Ver tamén:
protocolo