Algoritmo de compresión con perdas empregado no tratamento de imaxes dixitais, no que o grao de compresión e o tamaño de almacenamento son axustables.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
JPEG
Exemplo:
A cámara fotográfica que acabo de mercar grava as fotografías en formato JPEG.Información complementaria:
O nome JPEG procede do grupo que o definiu: "Joint Pictures Experts Group". O fundamento do JPEG consiste en ter previamente calculado o erro máximo permitido para cada coeficiente (frecuencia) da DCT (táboas de cuantificación) e despois representar ese coeficiente co mínimo número de bits pero sempre cometendo un erro dentro do rango permitido. O JPEG é un tipo de codificación transformada (utiliza transformacións do sinal) e espacial (utiliza a redundancia espacial, ou sexa, o parecido entre puntos próximos na imaxe). As ideas do JPEG foron empregadas en codificadores de vídeo como as familias H.26x e MPEG.
Ver tamén:
algoritmo; compresión con perdas; H.26X; Motion Pictures Experts Group; transformada coseno; Transformada de coseno discreta







