Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

phishing

Proceso fraudulento coa finalidade de roubarlle a identidade a algunha compañía intentando suplantala ante os seus clientes e de facerse con información sensible, fundamentalmente nomes de usuario, contrasinais e números de tarxetas de crédido, mediante a falsificación dun sistema de comunicación electrónico de confianza, habitualmente unha web.

Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
Xan foi víctima dun ataque de phishing, e obtiveron os seus contrasinais de acceso á web do banco.
Información complementaria: 
O delito consiste en obter información de números de tarxetas de crédito, de contas bancarias, contrasinais, ou calquera tipo de datos persoais por medio de enganos. Este tipo de fraude recíbese habitualmente a través de correos electrónicos ou mesmo de ventás emerxentes.
Ver tamén: 
pharming
Traducions
Tradución portugués: 
phishing
Tradución castelán: 
phishing
Tradución francés: 
hameçonnage; appâtage; phishing
Tradución italiano: 
phishing; spillaggio
Tradución inglés: 
phishing
Tradución alemán: 
Phishing