Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

punto por polgada

Unidade de medida para a resolución gráfica en imaxes ou impresión de documentos.

Categoría Gramatical: 
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura: 
ppp
Exemplo: 
A nova impresora láser que acaban de instalar na oficina ten unha resolución de 1200 ppp e unha velocidade de 30 páxinas por minuto.
Información complementaria: 
Reflicte o número de puntos de tinta que un sistema de impresión é capaz de conseguir nun espazo lineal dunha polgada. Canto maior é este número, máis nítida é a impresión producida polo sistema.
Ver tamén: 
píxel
Traducions
Tradución portugués: 
ponto por polegada; ppp
Tradución castelán: 
punto por pulgada; ppp
Tradución francés: 
point par pouce; ppp
Tradución italiano: 
punto per pollice; ppp; Dot Per Inch; DPI
Tradución inglés: 
Dot Per Inch; DPI
Tradución alemán: 
Dot Per Inch; DPI; Punkte pro Zoll