Código introducido nun programa polo seu creador para conseguir acceso con certos privilexios que non teñen os usuarios normais.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
porta de servizo
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Atopou unha porta traseira no código fonte da aplicación.Información complementaria:
Só o programador ou probadores do software coñecen estes datos, xa que, na súa versión definitiva, constitúen un risco ao non estaren previstos como procedemento estándar de acceso. Existen uns ataques especiais, de 'porta traseira' que son programas que buscan estas debilidades nas aplicacións para facerse co control do sistema.