Conxunto de privilexios de acceso sobre un determinado obxecto.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Para un arquivo ou directorio configura os permisos de lectura, escritura ou execución por parte de calquera usuario ou grupo de usuarios. As listas de control de acceso son empregadas tamén para permitir ou denegar o tráfico na rede. Deste xeito, pódense limitar os accesos dun conxunto de máquinas ou programas a determinadas localizacións físicas ou lóxicas, como poden ser un servidor ou un conxunto de páxinas web.