Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

conmutación de circuítos

Unión entre dous usuarios que desexan comunicarse retendo certos recursos da rede que permanecerán ocupados ata o final da comunicación.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
O vínculo físico (circuíto) entre os equipos terminais de ambos os dous usuarios pode ser entendido de dúas formas: - Cando existe realmente unha unión física a nivel de continuidade eléctrica falamos de conmutación espacial. Foi a primeira que existiu e actualmente está en desuso. Os primeiros conmutadores usaban elementos mecánicos como discos rotatorios ou barras cruzadas para lograr unha unión eléctrica. - Actualmente, os recursos utilizados son lóxicos. Cada slot de tempo dunha trama corresponde a un usuario e a conmutación consiste en mover os bits dun slot a outro. Neste caso fálase de conmutación temporal.
Ver tamén: 
baía; conmutación; conmutación de paquetes; conmutación temporal
Traducions
Tradución portugués: 
conmutaçâo de circuitos
Tradución castelán: 
conmutación de circuitos
Tradución francés: 
conmutation de circuits
Tradución italiano: 
conmutazione di circuito
Tradución inglés: 
circuit switching
Tradución alemán: 
Leitungsvermittlung