Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

presión acústica

Magnitude que se propaga nas ondas acústicas xa que o son é unha variación de presión que se transmite polo aire ou por outros medios coma a auga do mar.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
presión sonora
Información complementaria: 
A presión acústica consiste en pequenas variacións da presión atmosférica que realmente son variacións locais na densidade do aire. Nalgúns puntos hai maior densidade ou concentración de partículas e ten presión sonora positiva mentres que noutros puntos terase concentración de partículas menor que a media e terase presión sonora negativa. Por suposto que coa propagación da onda o valor de presión nun mesmo punto variará co tempo sendo ás veces positiva e outras negativa. Os micrófonos son sensores capaces de converter a presión acústica recibida nun sinal eléctrico, igual que o oído converte esa presión nun sinal cerebral.
Ver tamén: 
onda acústica; son
Traducions
Tradución portugués: 
pressão sonóra
Tradución castelán: 
presión acústica; presión sonora
Tradución francés: 
pression sonore
Tradución italiano: 
pressione sonora
Tradución inglés: 
sound pressure
Tradución alemán: 
Schalldruck