Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

cable STP

Cable de pares trenzados con blindaxe total, igual que o UTP, pero no que cada par vai blindado por unha malla metálica, de xeito que se evitan as interferencias do exterior do cable e tamén as dos outros pares.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
cabo STP
Información complementaria: 
É máis pesado e ríxido que o UTP e tamén máis custoso. Igual que no FTP hai que conectar á terra as blindaxes, e iso obriga a ter boas tomas de terra no edificio. O nome vén de Shielded Twisted Pair.
Ver tamén: 
cable; cable FTP; cable UTP
Traducions
Tradución portugués: 
cabo STP
Tradución castelán: 
cable STP
Tradución francés: 
câble STP
Tradución italiano: 
cavo STP
Tradución inglés: 
STP cable
Tradución alemán: 
STP-Kabel