Técnica de programación na que todos os entes cos que traballa o programa son obxectos.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
POO
Exemplo:
A programación orientada a obxectos permite que os programadores se centren no problema que hai que resolver e non nos detalles do sistema informático.Información complementaria:
Un obxecto é un conxunto de datos internos (propiedades) e operacións permitidas sobre el (métodos). Todo obxecto é un caso particular (instancia) dun tipo xenérico de obxectos (clase).
Na programación orientada a obxectos pódese crear unha clase a partir doutra máis xeral. Por exemplo: a partir da clase "vehículo" créase a chamada"coche". Este proceso chámase herdanza.
Ver tamén:
abstracción; atributo; C; C++; clase; Document Object Model; encapsulamento; evento; herdanza; instancia; Java; linguaxe imperativa; Lua; mensaxe; método; Object Request Broker; objective-C; polimorfo; programación orientada a aspectos; Ruby; Scheme; sobrecarga; Visual FoxPro