Unidade de frecuencia do Sistema Internacional que equivale a un ciclo por segundo, onde un ciclo é a distancia que percorre unha onda periódica desde un punto de referencia ata que esta se repite.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Sinónimos:
hercio
Abreviatura:
Hz
Exemplo:
O rango de frecuencias audibles polo ser humano está entre os 20 hertz e os 20 quilohertz.Información complementaria:
O nome da unidade provén do apelido do físico alemán Heinrich Rudolf Hertz, que descubriu a propagación das ondas electromagnéticas.
Ver tamén:
onda electromagnética; Sistema Internacional