Estándar de almacenamento óptico, de soporte similar ao CD ou DVD pero cunha capacidade cinco ou dez veces maior que este último.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Patentado por Sony. Capacidade de 25 ou 50 GB, segundo sexa de cara simple ou dobre aínda que xa hai probas feitas para a almacenaxe de 100 GB. A lonxitude de onda do feixe láser é moito menor e está no rango azul-violeta, polo tanto cabe máis información no mesmo espazo. Separadamente mellorouse o sistema de codificación que permite agrupar máis datos no mesmo período de símbolo. Actualmente véndese para películas de alta definición (Full HD 1080) e xogos da Play Station 3.