Uso das liñas eléctricas para o acceso a internet de banda larga ou ancha.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
banda larga a través de rede eléctrica
Abreviatura:
BPL
Información complementaria:
Realmente BPL é unha extensión da tecnoloxía PLC. Esta utilízase como termo xenérico para designar aqueles usos da rede eléctrica para levar datos. Con todo, BPL é a aplicación de PLC para levar datos a grandes velocidades de transmisión. Normalmente utilízase a denominación PLC no canto de BPL por metonimia.
Ver tamén:
Power Line Communications; banda ancha