Sistema dixital complexo capaz de executar programas feitos por humanos e recibir datos do exterior, os cales procesa para producir resultados que logo pode mostrar, almacenar ou enviar a outro sistema.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
computador; computadora
Exemplo:
Os primeiros ordenadores foron sistemas baseados en relés que tiñan un tamaño enorme e inmensas necesidades de refrixeración.Información complementaria:
Os ordenadores pódense clasificar de moitas formas. Por exemplo:
- Hai ordenadores creados para unha misión concreta (un propósito especial como os encamiñadores...) e outros que poden realizar moitos labores (propósito xeral).
- Segundo o tamaño/potencia podemos falar de super-ordenadores, ordenadores persoais, mini-ordenadores (miniportátiles, PDA...).
Ver tamén:
ordenador portátil